sábado, 1 de abril de 2017

ENTROIDO 2017

Este ano, o ENTROIDO tamén xira en torno a Ferrol Vello e ao Proxecto Terra. Así que os nenos e nenas de 1º puxémonos ao choio e comezamos a elaborar os nosos disfraces de "lanchas de Mugardos" coa nosa lancha e os nosos polbos da ría. 

Aquí temos o resultado... Ben guapos e guapas que fomos de paseo celebrando o Entroido. Ademais, merendamos filloas, orellas, rosquillas...





O Cociñeiro Martiño

"No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha persoa que saiba guisar, asar e cocer para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións… Martiño quere preparar o mellor biscoito da súa vida, pero antes debe conseguir os ingredientes que precisa." 


Este é o comezo da historia que veunos contar Iago López, autor do conto O cociñeiro Martiño, conto que estamos a ler en 1º de E. Primaria. Visitounos o pasado mércores 21 na biblioteca do cole.











Iago López relatou e escenificou o conto coa axuda das nenas e nenos de 5º e 6º de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria. A todos gustounos moitísimo o conto e botamos unhas boas risas con Martiño...


Navidad 2016

Momentos previos a la actuación de los niños y niñas de 1º de Primaria en el festival de Navidad en Fimo.
Bailaron y cantaron "El arbolito de Navidad" para celebrar este día de comienzo de vacaciones. 
Lo hicieron de maravilla :)