domingo, 4 de noviembre de 2018

Terrorífico SAMAÍN 2018

 O pasado mércores celebramos o Samaín no noso cole.

As aulas enchéronse de esqueletos, bruxas, demos e outros personaxes terroríficos... que medo!



Pero non viñeron sós, trouxeron unhas monstruosas cabazas que expuxeron á entrada do cole.

Á primeira hora, a ANPA do cole entregou os premios do concurso "Historias do Samaín"

Unha entrega de premios emocionante con moitos agasallos e felicitacións para todos e todas.

Parabéns a todos porque este ano os traballos foron espectaculares

Na nosa aula de 4º, os premiados foron: Lucas, Iria e Brais.
Aquí os temos recollendos os seus agasallos


 


E como non podía ser doutra maneira, tamén houbo unha festa terrorífica onde comemos chuches, bailamos, cantamos e xogamos...










 














viernes, 12 de octubre de 2018

Visitamos NAVANTIA


O pasado mércores tivemos a oportunidade de visitar o estaleiro

Navantia Ferrol




As nenas e nenos de 3º e 4º de E. Primaria fixemos unha visita a Navantia. Clara e Manolo acompañáronnos durante o traxecto que fixemos en autobús polo interior da factoría.




A primeira parada foi no Museo permanente que teñen nunha nave, e no que coñecimos un pouco sobre a historia de Navantia e os seus traballadores.


Quedamos sorprendidos coas aulas onde estudaban os aprendices e os traballos que alí realizaban; coñecemos como fan os barcos e que é unha botadura.





 As mesas de traballo non tiñan nada que ver coas que temos actualmente e as clases eran grises e sen decoración




 Atopámonos unha chea de obxectos e fotos curiosas por exemplo este antigo camión de bombeiros

 Co plano que nos deron á chegada, seguimos o noso percorrido...



Todos e todas moi atentos ao ritual das botaduras 



Xa de volta no bus, Manolo e Clara ensináronnos a cantidade de naves que existen dentro do estaleiro (reparacións, tuberos, turbinas...) Vimos como os traballadores e traballadoras tiñan unhas bicis á súa disposición para ir dun lugar a outro de traballo e todas as medidas de seguridade que se teñen que tomar cando se traballa nun lugar como este.






 Paramos diante do dique seco para ver como traballaban na reparación dun barco



E, por último, fixemos unha foto de grupo diante do buque de aprovisionamento de combate "Patiño" que nos chamou a atención polo seu gran tamaño e o labor que realiza e é que serve como de "supermercado" ao resto de barcos


jueves, 11 de octubre de 2018

Laboratorio

Nos días que levamos de curso, visitamos varias veces o novo laboratorio de ciencias que temos no cole. Encántanos baixar e traballar nel!



O primeiro día fomos a coñecelo e a ver todo o material que temos dispoñible. E, como estamos a traballar coas rocas e minerais, puidemos observar a cantidade destes que temos no laboratorio...











Outro día, baixamos ao laboratorio para plantar fabas e así, poder experimentar que necesitan as plantas para crecer, que pasa se non reciben suficiente luz, suficiente auga ou non as coidamos como debemos...