viernes, 17 de mayo de 2019

Escola de Mobilidade de Ferrol





 O pasado venres día 10, as nenas e nenos de 4º visitamos o Parque de Mobilidade de Ferrol, que se inaugurou este ano en Fimo.

Alí recibiunos moi amable Eugenia, quen nos ensinou moito sobre seguridade viaria e normas de tráfico para poder conducir os karts polo circuíto de maneira segura e respectando os sinais.




Pasámolo xenial conducindo os karts por un circuíto que simula unha cidade. Tivemos que pasar por rotondas, atender a semáforos , pasos de peóns tridimensionales e ter moito coidado de non atropelar aos nosos compañeiros e compañeiras que actuaban de peóns mentres outros conducían.



 



















Eugenia explicounos a diferenza entre calzada e estrada, a dirección polas que debemos conducir e camiñar ou como actuar ante semáforos cando están en ambar.

Para terminar a actividade, despois de pasar unha mañá moi divertida, deixamos as nosas pegadas na parede de Fimo como recordo do noso paso polas instalacións.

 


 





No hay comentarios:

Publicar un comentario