viernes, 12 de octubre de 2018

Visitamos NAVANTIA


O pasado mércores tivemos a oportunidade de visitar o estaleiro

Navantia Ferrol




As nenas e nenos de 3º e 4º de E. Primaria fixemos unha visita a Navantia. Clara e Manolo acompañáronnos durante o traxecto que fixemos en autobús polo interior da factoría.




A primeira parada foi no Museo permanente que teñen nunha nave, e no que coñecimos un pouco sobre a historia de Navantia e os seus traballadores.


Quedamos sorprendidos coas aulas onde estudaban os aprendices e os traballos que alí realizaban; coñecemos como fan os barcos e que é unha botadura.





 As mesas de traballo non tiñan nada que ver coas que temos actualmente e as clases eran grises e sen decoración




 Atopámonos unha chea de obxectos e fotos curiosas por exemplo este antigo camión de bombeiros

 Co plano que nos deron á chegada, seguimos o noso percorrido...



Todos e todas moi atentos ao ritual das botaduras 



Xa de volta no bus, Manolo e Clara ensináronnos a cantidade de naves que existen dentro do estaleiro (reparacións, tuberos, turbinas...) Vimos como os traballadores e traballadoras tiñan unhas bicis á súa disposición para ir dun lugar a outro de traballo e todas as medidas de seguridade que se teñen que tomar cando se traballa nun lugar como este.






 Paramos diante do dique seco para ver como traballaban na reparación dun barco



E, por último, fixemos unha foto de grupo diante do buque de aprovisionamento de combate "Patiño" que nos chamou a atención polo seu gran tamaño e o labor que realiza e é que serve como de "supermercado" ao resto de barcos


2 comentarios: