viernes, 31 de enero de 2020

PAPIROMATES A FUNDACIÓN


O pasado venres día 24, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria, visitaron a sede da Fundación no Cantón para coñecer e gozar da arte da papiroflexia e das matemáticas. Atopamos impresionantes obras de arte feitas con papel!



  

 


Paula foi nosa guía durante a visita. Encargounos unha misión moi importante que consistía en conseguir a chave máxica que abría o cadeado do famoso conto: "A historia dous números que se converteron en figuras" e que, para conseguila, tiñan que xogar e gañar.




       









Para comezar, e darnos conta da importancia que teñen as matemáticas no noso día a día, xogaron a ser clientes dunha tenda na que podian adquirir caramelos por un determinado prezo. Despois de ter que sumar e restar moedas, Paula propuxo seguir utilizando as mates anotando puntos por cada canastra que conseguían encestando material para reciclar.














Pasáronno moi ben e ademais de aprender a utilizar as mates, lembramos como separar os envases para reciclar.
Como xogaron estupendamente, conseguiron a chave que abría o conto e puideron lelo. Tratábase da historia dun señor xaponés que se deu conta de todo o que podía facer cunha soa folla de papel... Así comezou a nosa visita pola exposición.
Alucinante o que se pode facer cunha soa folla de papel! Animais, figuras xeométricas, lámpadas...



 






Para terminar a visita, convertéronse en protagonistas e puideron facer súa propia figura a través da arte da papiroflexia e cunha soa folla de papel.
Quedaron chulísimos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario