viernes, 31 de enero de 2020

PAPIROMATES A FUNDACIÓN


O pasado venres día 24, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria, visitaron a sede da Fundación no Cantón para coñecer e gozar da arte da papiroflexia e das matemáticas. Atopamos impresionantes obras de arte feitas con papel!



  

 


Paula foi nosa guía durante a visita. Encargounos unha misión moi importante que consistía en conseguir a chave máxica que abría o cadeado do famoso conto: "A historia dous números que se converteron en figuras" e que, para conseguila, tiñan que xogar e gañar.




       









Para comezar, e darnos conta da importancia que teñen as matemáticas no noso día a día, xogaron a ser clientes dunha tenda na que podian adquirir caramelos por un determinado prezo. Despois de ter que sumar e restar moedas, Paula propuxo seguir utilizando as mates anotando puntos por cada canastra que conseguían encestando material para reciclar.














Pasáronno moi ben e ademais de aprender a utilizar as mates, lembramos como separar os envases para reciclar.
Como xogaron estupendamente, conseguiron a chave que abría o conto e puideron lelo. Tratábase da historia dun señor xaponés que se deu conta de todo o que podía facer cunha soa folla de papel... Así comezou a nosa visita pola exposición.
Alucinante o que se pode facer cunha soa folla de papel! Animais, figuras xeométricas, lámpadas...



 






Para terminar a visita, convertéronse en protagonistas e puideron facer súa propia figura a través da arte da papiroflexia e cunha soa folla de papel.
Quedaron chulísimos!





domingo, 17 de noviembre de 2019

Festival Camiño Inglés


Tamén o pasado mes de outubro participamos no festival organizado pola federación de anpas de ferrolterra co fin de divulgar o Camiño Inglés en Ferrol



Baixo unha carpa no peirao de Ferrol organizáronse diferentes actividades para os escolares de Ferrolterra. Houbo photocall, taller para elaborar o gorro e a cuncha de peregrinos e ata degustación de torta de Santiago.
























sábado, 16 de noviembre de 2019

Centro de Interpretación de Caldoval

O pasado mes de outubro realizamos, xunto aos nosos compañeiros e compañeiras de 2º, a primeira saída do curso ao Centro de Interpretación de Caldoval en Mugardos.


Coñecemos o museo e descubrimos como vivían e coidábanse os habitantes da Galicia romana.

Puidemos ver como funcionaban os baños do circuíto termal, como se vestían os bañistas, os deportes que realizaban e unha chea de cousas máis.





 



Despois de coñecer o museo, convertémonos en cociñeiros participando no taller didáctico "A cociña de Apicio" no que coñecemos os alimentos que degustaban na época romana e como era a súa elaboración.





















Así termina a nosa divertida visita! Agora xa sabemos como era a vida nuns baños privados romanos fai uns 2000 anos.

Esperamos volver pronto a realizar outro taller :)